miércoles, 19 de agosto de 2015

Río do Seixo.

No río do Seixo, o último río virxe de Cerdedo, estanse a levar a cabo as obras para a nova traída de auga para Cerdedo.

Millón e medio de euros para esnaquizar o río do Seixo e que non vai resolver o abastecemento de auga de Cerdedo. O río do Seixo conta cun caudal pequeno que no verán vese reducido a un regueiro. No ano 2011 o alcalde queixábase do río Lérez, de onde se abastece na actualidade, dicindo “leva coma unha presiña”. A situación chegou ó extremo de “pedir a Aguas de Galicia o uso do caudal ecolóxico”. Se esa era a situación do Lérez, río que conta cun abondoso caudal, tanto que é quen de abastecer a poboación de Pontevedra e a factoría de ENCE. Como será a situación do Seixo no verán. Pese a todo non dubidou o alcalde en precisar que na captación do Seixo cumpriranse todas as normativas ambientais, de xeito que o curso do río non se verá afectado e que o proxecto será absolutamente respectuoso. Compre recordar que o río está incluído no LIC (Lugar de Interese Comunitario) Serra do Cando. Que entenderá por respecto o alcalde de Cerdedo?

Na presentación do proxecto xustificase o investimento dicindo que a obra beneficiará a máis de 1.300 veciños. A parroquia de Cerdedo conta na actualidade cunha poboación de 686 persoas e o núcleo, que vai ser o único beneficiado, con algo máis de 370 almas e baixando. Estrañas contas as que botan algúns. 
 
POBOACIÓN DA PARROQUIA DE CERDEDO
ANOS
2004
2014
CERDEDO (SAN XOÁN P.)
800
686
ABELAÍNDO
26
29
AREN
25
14
BARRO
58
39
CABENCA
11
10
CARBALLAS
30
21
CAVADOSA
20
14
CERDEDO
410
373
CERNADOS
6
6
CHAMADOIRA
51
37
LIMERES
48
34
LOURIDO
18
15
MEILIDE
34
37
SAN BERNABÉ
10
10
VIDUÍDO
20
27
O COTELIÑO
7
4
REVOLTA
26
16
 Fonte: I.N.E. (Nomenlátor: Población Padrón Continuo)
 
O mesmo tempo anúncianse obras para o acondicionamento do camiño que vai dende o lugar de Cabenca ate A Cavadosa. Este proxecto vai ser financiado pola Xunta de Galicia cun orzamento superior aos 460.000 euros. Moitos euros parecen para limpar un camiño, por un par de sinais e algún banco. 
Esta vai ser a futura canle do río do Seixo

Camiño destrozado, menos mal que a zona é LIC

Pódese ver o respectuoso das obras.

Outro exemplo de respecto na realización das obras no LIC.

Onde van os muros?



Poñer un sinal indicando que un muíño é un muíño está ben. Non sexa o demo que un despistado camiñante pida pusada onde no é.
É posible que dentro de pouco o único xeito de gozar do río do Seixo sexa a través de fotos. Por si acaso aí van unhas poucas.






 

No hay comentarios:

Publicar un comentario