lunes, 29 de junio de 2015

Os Santos da Porteliña.

Tomonde-Cerdedo.

O domingo 28 de xuño acordamos tentar, por segunda vez, dar cos Santiños da Porteliña, xa o domingo anterior anduveramos as voltas tentando dar con eles sen resultado, o monte moito cambiou dende o ano 2006 ou 2007, desta volta cambiounos a sorte e demos con eles.
A uns setecentos metros ó leste do Lugar de Tomonde, no monte da Porteliña, a unha altitude aproximada de 700 metros, atópanse as pedras de cambiar o tempo chamadas Os Santos da Porteliña ou Santiños da Porteliña.

Parentes directas da Pedra do Tempo de O Incio e do Touzo e a Touza da serra do Faro de Avión.

Os rituais e costumes de empregar pedras para cambiar o tempo teñen, sen dubida, unha orixe milenaria probablemente pola crenza de que certas pedras eran a morada dos espíritos dos mortos e, por tanto, con capacidade de facer concesións ou outorgar favores, como facer chover ou que deixara de chover, razón pola que foron obxecto de culto.

No caso dos Santiños da Porteliña, xa dende antigo, os veciños de Tomonde erguían no monte dúas moreas de cachotes, unha máis alta que a outra, macho e femia, a altura variaba dependendo que se fixeran para que chovera, máis altos, ou máis baixos para que deixara de chover, a súa función completábase protexendo tamén dos lóstregos cando había treboada.

 

 

 



Fortes facendo de patrón de medida, o Santiño ten un Fortes de alto.

De dereita a esquerda: Calros Solla, Manuel Fortes, Nacho Grande, Ana Santiso, Anxo Cortizo e Xoán Soto.

Nacho tomando medidas




Calros facéndolle unha entrevista a un dos santiños

Un dos momentos da entrevista

Medindo as distancias.

Traballando baixo a atenta mirada do encargado de obra.

Os Santiños da Porteliña.

Manuel Fortes facendo fotos dos Santiños.


Ana Santiso collendo folgos para o regreso.

De propina demos con esta coviñas nunha laxa un pouco máis abaixo.


Baixando todos os "Santiños" axudan.

Fortes coa súa natural elegancia.



A tropa dos Gosende deste domingo


O

miércoles, 24 de junio de 2015

 Capitán Gosende en Castro Toraxe



Os membros da expedición na Coutada, ó fondo vese Caroi.



 Pontella na Coutada.

Camiño de Castro Toraxe

 Mar de fentos.

 Tanteando por onde subir.
 Ana Santiso a vixia do grupo.

 Un descanso antes da baixada

 A baixada foi épica, Nacho e Calros foron os encargados de abrir camiño.
 Polo camiño xa de volta


A tronada regalounos este arco da vella.











Non atopamos a Penaquetanxe, voltaremos a por ela