lunes, 24 de agosto de 2015

Cerdedo: Descúbreo por ti mesmo.

 

Tempo levamos os membros do Colectivo Capitán Gosende percorrendo as terras e aldeas do concello de Cerdedo na procura dos valores, tanto paisaxísticos como arqueolóxicos sen esquecer os etnográficos. Sempre consideramos que a Terra de Montes agochaba tesouros que merecían ser dados a coñecer. Bens que deberan ser compartidos con todos para o desfrute de todos. Tesouros como a Porta do Alén no monte do Seixo, a Ponte Parada e a Pontapedre ou os castros de A Mouteira e A Cerqueira son só algúns exemplos. Compre tamén citar os roteiros polo Seixo, Pedre Milenario ou o Roteiro da Pantalla. Todas as actividades de Capitán Gosende foron sempre publicadas e publicitadas. Nunca gardamos nada para nos. Todas as actividades de Capitán Gosende foron sempre financiadas pola Concellaría de Turismo de Capitán Gosende. 

Como resumo destas actividades e, a falta de quen as faga, Capitán Gosende pon en marcha a campaña “Cerdedo: Descúbreo por ti mesmo”. Para esta campaña contamos coa colaboración do Grupo Avanza, por medio da xefa de ventas de servizos discrecionais en Vigo Ana Iglesias, quen coordinou o deseño da vitrina localizada en lugar preferente na estación de autobuses de Vigo, onde se expoñen as fotografías facilitadas por Capitán Gosende. As fotografías son unha mostra de lugares salientables do concello de Cerdedo. Diante do desleixo das autoridades (in)competentes consideramos que esta nova iniciativa, para a que contamos coas colaboracións do restaurante Meu Lar de Cerdedo e Casa Florinda de Pedre, axudará a poñer en valor os abundantes atractivos cos que conta o concello de Cerdedo. 

A Concellaría de Turismo de Capitán Gosende agarda que o proposto sexa apreciado polos visitantes, con iso darémonos por ben pagos.


Este é o aspecto da vitrina na estación de autobuses de Vigo.





Algunhas das fotos que se expoñen na estación de autobuses de Vigo.















No hay comentarios:

Publicar un comentario