Os Santos da
Porteliña.
Tomonde-Cerdedo.
O domingo 28
de xuño acordamos tentar, por segunda vez, dar cos Santiños da
Porteliña, xa o domingo anterior anduveramos as voltas tentando dar
con eles sen resultado, o monte moito cambiou dende o ano 2006 ou
2007, desta volta cambiounos a sorte e demos con eles.
A uns
setecentos metros ó leste do Lugar de Tomonde, no monte da
Porteliña, a unha altitude aproximada de 700 metros,
atópanse as pedras de cambiar o tempo chamadas Os Santos da
Porteliña ou Santiños da Porteliña.
Parentes
directas da Pedra do Tempo de O Incio e do Touzo e a Touza da serra
do Faro de Avión.
Os rituais e
costumes de empregar pedras para cambiar o tempo teñen, sen dubida,
unha orixe milenaria probablemente pola crenza de que certas pedras
eran a morada dos espíritos dos mortos e, por tanto, con capacidade
de facer concesións ou outorgar favores, como facer chover ou que
deixara de chover, razón pola que foron obxecto de culto.
No caso dos
Santiños da Porteliña, xa dende antigo, os veciños de Tomonde
erguían no monte dúas moreas de cachotes, unha máis alta que a
outra, macho e femia, a altura variaba dependendo que se fixeran para
que chovera, máis altos, ou máis baixos para que deixara de chover,
a súa función completábase protexendo tamén dos lóstregos cando
había treboada.
 |
Fortes facendo de patrón de medida, o Santiño ten un Fortes de alto. |
 |
De dereita a esquerda: Calros Solla, Manuel Fortes, Nacho Grande, Ana Santiso, Anxo Cortizo e Xoán Soto. |
 |
Nacho tomando medidas |
 |
Calros facéndolle unha entrevista a un dos santiños |
 |
Un dos momentos da entrevista |
 |
Medindo as distancias. |
 |
Traballando baixo a atenta mirada do encargado de obra. |
 |
Os Santiños da Porteliña. |
 |
Manuel Fortes facendo fotos dos Santiños. |
 |
Ana Santiso collendo folgos para o regreso. |
 |
De propina demos con esta coviñas nunha laxa un pouco máis abaixo. |
 |
Baixando todos os "Santiños" axudan. |
 |
Fortes coa súa natural elegancia. |
 |
A tropa dos Gosende deste domingo
|
O
No hay comentarios:
Publicar un comentario